| Como todos os anos celebramos a
tradicional festa do magosto na que ademais de exaltar o produto típico
de esta época do ano “A castaña” aproveitamos para facer unha
convivencia entre os membros da comunidade educativa.
Nesta ocasión a celebración realizouse na última tarde do mes de outubro e a organización correu a cargo da APA do colexio que estreou directiva con Elena Díaz á cabeza. Ademais o estreo foi dobre pois tamén puidemos disfrutar do acondicionamento do novo patio e a iluminación do mesmo. A destacar a elevada participación de pais e alumnos que degustaron 300 Kg. de castañas, por elo queremos agradecer a resposta á convocatoria e esperamos vervos na próxima celebración que será o vindeiro 30 de novembro para conmemorar a festividade do noso patrón que neste ano 2007 conmemoramos o 450 aniversario do seu nacemento. |
|
|
|
|
|